| Sumario: | A administración de proteínas na mucosa é unha aproximación moi atractiva e de indubidables vantaxes para inducir unha resposta local e/ou sistémica de carácter terapéutico e/ou inmunoestimulante. Aspectos críticos como a drenaxe rápida e a degradación mediada por encimas ou o pH, limitan a súa utilidade. Os hidroxeis son redes poliméricas en 3D cuxas características poden modularse para lograr formulacións altamente mucoadhesivas, e así incrementalo tempo de permanencia das proteínas no lugar de acción, conseguindo a súa absorción e o efecto terapéutico desexado. O obxectivo deste traballo experimental é abordala utilidade das ferramentas de IA no desenvolvemento de hidroxeis multicompoñente con prestacións avanzadas. Así mesmo, explórase o potencial de combinacións ternarias de polímeros seleccionados para xerar hidroxeis termosensibles e altamente bioadhesivos para a carga e cesión de proteínas con dúas aplicacións; a vacinación sublingual e o tratamento local de úlceras colorectais na enfermidade inflamatoria intestinal. Polo tanto, levouse a cabo unha selección inicial de compoñentes e, estableceuse en cada caso un deseño experimental reducido utilizando o método de densidade balanceado. Caracterizáronse as propiedades texturometricas, reolóxicas e os perfís de cesión dos hidroxeis e, analizouse o efecto de cada compoñente nas súas características mediante o emprego combinado de redes neuronais artificiais e técnicas de lóxica difusa. Por último, avaliouse a utilidade de dous hidroxeis optimizados como portadores de proteínas na mucosa en ratos.
|