Trazado de estradas

Esta unidade didáctica forma parte do primeiro módulo da programación da materia “Deseño e Construción de Obras Lineais” do segundo curso do Grao en Enxeñaría Civil, que se dedica a senta-las bases da enxeñaría de estradas. No primeiro tema do módulo (UD1) preséntanse os conceptos básicos relacionad...

Descripción completa

Detalles Bibliográficos
Autor: Castro Ponte, Alberte
Tipo de recurso: libro
Fecha de publicación:2012
País:España
Institución:Universidad de Santiago de Compostela (USC)
Repositorio:Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Idioma:gallego
OAI Identifier:oai:minerva.usc.gal:10347/11402
Acceso en línea:http://hdl.handle.net/10347/11402
Access Level:acceso abierto
Palabra clave:Grao en Enxeñaría Civil
Deseño e Construción de Obras Lineais
Materias::Investigación::33 Ciencias tecnológicas::3305 Tecnología de la construcción::330529 Construcción de carreteras
Materias::Investigación::33 Ciencias tecnológicas::3305 Tecnología de la construcción::330501 Diseño arquitectónico
Descripción
Sumario:Esta unidade didáctica forma parte do primeiro módulo da programación da materia “Deseño e Construción de Obras Lineais” do segundo curso do Grao en Enxeñaría Civil, que se dedica a senta-las bases da enxeñaría de estradas. No primeiro tema do módulo (UD1) preséntanse os conceptos básicos relacionados co tráfico por estrada, necesarios para poder abordalo deseño xeométrico, a construción e a conservación dunha estrada. A continuación, na presente unidade didáctica (UD2) estúdanse os conceptos fundamentais, as bases teóricas e os condicionantes normativos do deseño xeométrico ou trazado dunha estrada. Analízanse, unha por unha, as diversas fases do proceso de deseño: trazado en planta, trazado en alzado e sección transversal. Os seguintes dous temas dedícanse ao estudo da infraestrutura dunha estrada. En primeiro lugar, preséntanse os aspectos máis importantes relacionados coas obras de explanacións (UD3) e ,en segundo lugar, explícanse os fundamentos do deseño e construción das outras grandes obras de infraestrutura, as obras de drenaxe (UD4). O módulo péchase cun tema no que se aborda a problemática do deseño, construción e conservación dos firmes (UD5), que constitúen a superestrutura dunha estrada. No segundo módulo da materia estúdase o deseño, construción e conservación doutra tipoloxía de obra lineal, os ferrocarrís. Estas dúas tipoloxías, estradas e ferrocarrís, teñen moitas cousas en común, polo que unha gran cantidade dos contidos traballados no primeiro módulo serán de gran utilidade, senón directamente mediante certas adaptacións, na segunda parte da materia. Esta unidade didáctica é a que ten unha maior dedicación xa que nela trátanse contidos fundamentais e exclusivos da materia. Ademais de aos alumnos de 2º curso do Grao en Enxeñaría Civil, os contidos presentados poden serlle de utilidade a outros docentes ou profesionais do sector que desenvolvan a súa actividade no ámbito do deseño, construción ou conservación destas tipoloxías de infraestrutura do transporte.