| Resumo: | O Consello de Europa publica a finais de 2017 unha actualización do coñecido Marco Común Europeo de Referencia para as Linguas na cal amplía certos conceptos ignorados anteriormente. Entre eles atópase o de mediación. Esta destreza lingüística aparecía vinculada ás de comprensión, expresión e interacción, mais non era explorada no documento orixinal de 2001. Esta actualización pon de manifesto a importancia da mediación na sociedade actual e a necesidade de traballala dentro do enfoque plurilingüe que defende o Marco. Esta proposta didáctica busca coñecer se é posible incorporala ás aulas de inglés na Educación Secundaria, se con ela se melloran as restantes destrezas lingüísticas e se motiva ao alumnado. Para iso, levarase a cabo unha proposta de intervención baseada na metodoloxía participativa e a aprendizaxe significativa dentro do marco do método comunicativo. Espérase que, mediante as actividades propostas, as alumnas e alumnos melloren a súa competencia comunicativa en lingua inglesa e aumente a súa motivación na materia.
|