Repercusións técnicas, laborais e sociais da implantación do muxido robotizado nas explotacións leiteiras galegas
Nos últimos anos, a adopción dos sistemas de muxido robotizado (SMR) experimentou un incremento significativo. En Galicia, o primeiro SMR foi instalado a finais do 2004, non obstante, a finais de Decembro do 2009, 46 SMR estaban instalados. As explotacións onde os SMR cubriron totalmente as expectat...
| Autor: | |
|---|---|
| Tipo de recurso: | tesis doctoral |
| Fecha de publicación: | 2016 |
| País: | España |
| Institución: | Universidad de Santiago de Compostela (USC) |
| Repositorio: | Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela |
| Idioma: | gallego |
| OAI Identifier: | oai:minerva.usc.gal:10347/14856 |
| Acceso en línea: | http://hdl.handle.net/10347/14856 |
| Access Level: | acceso abierto |
| Palabra clave: | Materias::Investigación::31 Ciencias agrarias::3104 Producción Animal::310490 Sistemas de Producción ganadera Materias::Investigación::31 Ciencias agrarias::3104 Producción Animal::310402 Bovinos |
| Sumario: | Nos últimos anos, a adopción dos sistemas de muxido robotizado (SMR) experimentou un incremento significativo. En Galicia, o primeiro SMR foi instalado a finais do 2004, non obstante, a finais de Decembro do 2009, 46 SMR estaban instalados. As explotacións onde os SMR cubriron totalmente as expectativas foron aquelas con mellores resultados en termos de calidade de vida e tempo libre. Estas explotacións tiñan 1 SMR que era xestionado por gandeiros con experiencia previa en sistemas informatizados de xestión. As variables número de vacas e fluxo de leite tiveron unha maior influencia na produción de leite por SMR que os muxidos por vaca e os rexeites. Os SMR nas explotacións leiteiras galegas poderían ter un incremento de vacas por SMR sen prexudicar o rendemento no muxido; deste xeito, a cantidade de leite obtido por robot anualmente podería incrementarse, o que faría posible recuperar os custes do sistema máis cedo. Por outra banda, a sensibilidade e especificidade medias dos sistemas de detección de mastite dos SMR foron similares as de outras rexións co mesmo sistema de muxido pero máis baixas que as que ofrece o Test de California. A relativa maior prevalencia dos patóxenos atopados indica unha limpeza e desinfección inadecuada das partes do robot que entran en contacto directo coa vaca. Con respecto a isto observamos un incremento significativo na bacterioloxía en tanque durante os primeiros tres meses despois da introdución do SMR, así como uns valores de células somáticas en tanque tamén significativamente maiores durante o primeiro ano despois da instalación. Non obstante, estes valores diminuíron co tempo, e a medida que os gandeiros se afixeron á xestión dos novos equipos, un nivel de calidade do leite aceptable puido ser acadado. |
|---|