A demanda turística en Galicia: o problema da concentración

O crecemento da actividade turística foi continuo nas últimas décadas, tanto a nivel mundial como europeo, español ou galego. Sen embargo, este crecemento non foi homoxéneo ó longo do tempo senón que houbo variacións na evolución segundo o ano ou grupo de anos considerados. A demanda turística tampo...

Full description

Bibliographic Details
Authors: Martínez Roget, Fidel, Miguel Domínguez, José Carlos de
Format: article
Publication Date:2000
Country:España
Institution:Universidad de Santiago de Compostela (USC)
Repository:Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Language:Galician
OAI Identifier:oai:dnet:minerva_____::3937588d0872f85d1773b710e07937a3
Online Access:http://hdl.handle.net/10347/19171
Access Level:Open access
Keyword:Infraestructura hotelera
Estacionalidad turística
Description
Summary:O crecemento da actividade turística foi continuo nas últimas décadas, tanto a nivel mundial como europeo, español ou galego. Sen embargo, este crecemento non foi homoxéneo ó longo do tempo senón que houbo variacións na evolución segundo o ano ou grupo de anos considerados. A demanda turística tampouco presenta unha evolución parella se se analizan os distintos meses do ano ou as distintas áreas e zonas xeográficas. Se se fai esta análise, pódese comprobar cómo a demanda turística está localizada nuns determinados meses do ano e nunhas zonas concretas, presentándose neste caso o fenómeno da concentración, tanto temporal como espacial, da demanda turística. A concentración espacial da demanda turística pode supoñer que determinados espacios xeográficos se queden á marxe do fenómeno turístico ou, para os que si son destino turístico, unha excesiva dependencia de determinados países ou rexións emisoras de turistas. A concentración temporal da demanda turística pode ocasionar problemas de inestabilidade laboral, perda de calidade nos servicios ofrecidos, baixos niveis de profesionalización e outros trazos asociados á localización da actividade nuns poucos meses do ano