A auga

A presente unidade didáctica está englobada dentro do tema do hidróxeno, Bloque II, e centrado nos hidruros, nome adoptado xenericamente para todos os compostos que forma o hidróxeno con outro elemento químico. Estes temas abórdanse despois de facer unha presentación do que é a Química Inorgánica e...

Descripción completa

Detalles Bibliográficos
Autores: Fernández García, María Isabel, Labisbal Viqueira, María Elena
Tipo de recurso: libro
Fecha de publicación:2011
País:España
Institución:Universidad de Santiago de Compostela (USC)
Repositorio:Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Idioma:gallego
OAI Identifier:oai:minerva.usc.gal:10347/9923
Acceso en línea:http://hdl.handle.net/10347/9923
Access Level:acceso abierto
Palabra clave:Química Inorgánica
Grao en Enxeñaría de Procesos Químicos Industriais
Materias::Investigación::23 Química::2303 Química inorgánica::230331 Química del agua
Descripción
Sumario:A presente unidade didáctica está englobada dentro do tema do hidróxeno, Bloque II, e centrado nos hidruros, nome adoptado xenericamente para todos os compostos que forma o hidróxeno con outro elemento químico. Estes temas abórdanse despois de facer unha presentación do que é a Química Inorgánica e que temas aborda. Nesta unidade faise un estudo da auga, da súa importancia biolóxica e a nivel xeral, da súa utilización industrial, e dos procesos que implican a obtención de auga potable. A súa utilización como disolvente faina imprescindible en gran cantidade de reaccións químicas, polo que durante o desenvolvemento da materia será recorrente a súa utilización. A auga é o composto máis abundante na biosfera. A súa enorme importancia aparece resumida nas seguintes funcións: é o líquido que actuou como disolvente para que nel se desenvolvesen as moléculas da vida, é o compoñente maioritario nos seres vivos (valores entre un 65-95 % en peso), as súas específicas propiedades físicas e químicas fanlle ser de vital importancia biolóxica. Debido a estes motivos, aínda sendo un composto inorgánico, pode considerarse a auga como a molécula motor da vida, termo que parecería asociado a un composto de tipo orgánico. No noso planeta a vida sen auga sería inimaxinable. Pero ademais desta citada e importantísima función biolóxica a auga é tamén fundamental noutros procesos da vida diaria e tamén a nivel industrial, nestes procesos a función que realiza a auga xeralmente aparece asociada coas súas excelentes propiedades disolventes, de feito coñéceselle como o disolvente universal.