| Sumario: | O nacemento e a permanencia do clientelismo político explícanse, en boa medida, pola imposibilidade do Estado liberal para canalizar e dar resposta ás diversas demandas da poboación, ocupar unha serie de espazos e asumir un número crecente de tarefas e obrigas cuxa satisfacción debe, en parte, delegar nunha serie de intermediarios. Loxicamente, o papel destes últimos tende a potenciarse a medida que se incrementa a dependencia e o baleiro comunicativo da sociedade respecto a instancias externas de poder, pois só co seu concurso resulta posible defender os intereses privativos dunha comunidade, colectivo ou individuo e acceder ós insuficientes e, polo mesmo, disputados recursos públicos. Os observatorios locais resultan especialmente axeitados para profundar en todos estes aspectos, pois constitúen o escenario histórico onde se libra esa negociación permanente entre o Estado (simbolizado pola figura do deputado do distrito e os seus funcionarios), os intermediarios e as elites locais e a masa cidadá. Como a historiografía ten sinalado reiteradamente, os actores que a protagonizan ostentan un status desigual, e desigual é tamén o intercambio mutuo que resulta da mesma, por máis que sempre responda á mesma lóxica: o tráfico de votos por favores.
|