Factores estruturais que contribúen ao problema dos incendios en Galicia: mudanzas no medio rural e deficiencias na xestión do territorio

Dados os problemas que xera o modelo de xestión de terras vixente en Galicia, resulta imprescindible abordar unha reforma estrutural adaptada ás necesidades actuais do medio rural. Reforma non centrada na propiedade, senón nos usos; que, sen alterar a distribución da propiedade, impulse a mobilizaci...

Descripción completa

Detalles Bibliográficos
Autor: López Iglesias, Edelmiro
Tipo de recurso: capítulo de libro
Fecha de publicación:2021
País:España
Institución:Universidad de Santiago de Compostela (USC)
Repositorio:Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela
Idioma:gallego
OAI Identifier:oai:minerva.usc.gal:10347/42125
Acceso en línea:https://hdl.handle.net/10347/42125
Access Level:acceso abierto
Palabra clave:Incendios forestais
Usos da terra
áreas rurais
Galicia
540103 Utilización de la tierra
540402 Geografía rural
520305 Demografía rural
Descripción
Sumario:Dados os problemas que xera o modelo de xestión de terras vixente en Galicia, resulta imprescindible abordar unha reforma estrutural adaptada ás necesidades actuais do medio rural. Reforma non centrada na propiedade, senón nos usos; que, sen alterar a distribución da propiedade, impulse a mobilización produtiva e unha adecuada xestión das superficies. Esta reforma, necesaria tamén por outros motivos económicos e ambientais, constitúe unha condición para reducir o risco de incendios a medio e longo prazo. Sen entrar nunha proposta detallada de medidas, destacamos catro elementos centrais que deben presidir esa reforma estrutural, a xeito de directrices transversais: a) Unha ordenación efectiva (non só no papel ou no DOG) dos usos do solo. Ordenación que delimite as terras urbanizables, as de vocación forestal –cunha ordenación por especies– e as reservadas para cultivos e pastos. E que regule tamén a localización doutras actividades económicas no medio rural, ademais de incorporar unha adecuada delimitación e mecanismos de apoio aos espazos naturais protexidos. b) A configuración, na lexislación e nas políticas públicas, dun novo equilibrio entre propietarios e usuarios das terras. Un novo equilibrio que priorice os proxectos de aproveitamento (sempre que estean acordes coa ordenación de usos aprobada), fronte aos dereitos de propiedade daqueles que se limitan a manter as terras en estado de abandono ou de degradación produtiva e ambiental. c) A coherencia dos incentivos das distintas políticas públicas coa ordenación de usos aprobada, corrixindo a fragmentación das políticas sectoriais e as contradicións entre elas que seguimos encontrando na actualidade. d) Dado que a inmensa maioría do territorio rural de Galicia é de propiedade privada, a mellora do uso das terras debe ser protagonizada polos propietarios e pola iniciativa privada, e corresponderá ás institucións públicas establecer o marco regulador e os incentivos para que os intereses privados se aproximen o máis posible aos obxectivos colectivos. Pero iso deberá acompañarse dunha xestión pública directa, pola Xunta de Galicia, de determinadas superficies, como os MVMC abandonados para os que non existan outras alternativas ou certos espazos naturais protexidos.